✍️ Osdosacho MTB
A deportista rosaleira Arantxa Gómez vén de ser multipremiada na Gala Ciclismo Galego que se celebrou este sábado 24 de febreiro no Auditorio Municipal de Ribadumia (Pontevedra).
O evento, que serviu para recoñecer os méritos dos corredores/as máis regulares no ranking rexional e nacional do pasado 2023, tamén o fixo, segundo a FCG «para reclamar máis respecto nas estradas aos usuarios da bicicleta. As dúas vítimas da violencia viaria outorgáronselles Mencións Especiais nun acto no que se volveu disparar a emoción ao recordar na súa comarca, a do Salnés, a figura do recentemente falecido Modesto Sánchez«.
Arantxa Gómez foi unha das ciclistas máis destacadas ao conseguir varios títulos en diferentes especialidades: 1ª no Campionato Galego de BTT Enduro e DHI a nivel rexional. Pola súa banda, en canto a nivel nacional, o 3º posto no Campionato de España celebrado en La Palma, 3ª clasificada na Copa de España e en DHI, 2ª na Copa de España, obtendo desta maneira cinco títulos en total.
Con respecto á tempada que comeza como Junior, o domingo 3 de marzo se desprazará á primeira proba clasificatoria para a Copa de España e UCI C3 de BTT Enduro, que se celebra na localidade de Riglos (Huesca). Xa o sábado 23 de marzo disputará a primeira Copa Galicia de DHI en Sarria (Lugo) e o domingo 7 de abirl, nos montes de Moaña, competirá na Copa de España de BTT Enduro, o «Endurrazo», única proba noctura de España.
Dende aquí, desexarlle moita sorte á nosa crack rosaleira, que conta coa principal colaboración de: #oriolmorata #bikeracingparts #bike_racingparts #indebtedtoheride @evill @gescom @insitu @osdosacho e, como non, de @noticiasorosal @editorialtamuxe.