A rosaleira Arantxa Gómez, 2ª na Copa de Galicia e na de España

✍️ Os do Sacho MTB

📸 Os do Sacho / Yago Ojies / Fotocarlosgrafías.

A finais do mes de xullo disputouse no Bike Park de Cabeza de Manzaneda (Ourense) a última proba da Copa de España de DH organizada pola Federación Galega de Ciclismo, conseguindo a deportista rosaleira Arantxa Gómez unha meritísima segunda posición, tan só por detras da catalana Laura Márquez, que se fixo co título logo de catro probas puntuables.

Por outra banda, despois dun paréntese no mes de setembro reanudouse a Copa Galicia de DH nos montes de Pontevedra co descenso vertixinoso de A Fracha, onde Arantxa acadou o seu primeiro Scratch en féminas por diante de Juana Vidal e Gemma Chapela.

Este domingo pasado concluíu a Copa Galicia co DH de Kamikazes en Marín que deixou unhas imaxes espectaculares aos amantes do MTB e onde a nosa crack se impuxo na súa categoría cadete feminina, facéndose por segunda vez co Scratch e conseguindo a segunda praza na Copa Galega por detrás da campiona Alexia Santervas de A Forna.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio