Esta fin de semana (sábado 4 e domingo 5 de novembro) disputarase no Pavillón de Baltar (Sanxenxo) o Campionato Galego de Boxeo. Ata alí se desprazará o club Spartan Team de Tomiño coa representación de tres púxiles nas categorías Junior e Promesas élite.
Na imaxe, de esquerda a dereira, Luis Alberto (welter) e Edo Bennato (super welter), son os púxiles junior do equipo ás ordes do adestrador Charly López. Á dereita, Filipe Amoedo na categoría promesas élite (super welter) tratará de revalidar novamente o título de Campión Galego.