Arantxa Gómez (O Rosal), Campiona de Galicia de Enduro

✍️ C.G. / Federación Galega de Ciclismo || 📸 Yaiza Fernández Pérez

A deportista rosaleira Arantxa Gómez (Osdosacho MTB) vén de acadar o título cadete de Campiona de Galicia de Enduro MTB esta fin de semana na parroquia porriñesa de Budiño.

A crack de O Rosal conseguiu un dos once recoñecementos en xogo da Federación Galega de Ciclismo «que se repartiron baixo un sol de xustiza».

Tal e como se lembra dende a FGC, «O Enduro Faro de Budiño, organizado pola Asociación Deportiva A Forna, reuniu na súa cuarta edición a 128 participantes e propuxo un percorrido de 30 quilómetros con case 1.300 metros de desnivel positivo acumulado».

Un novo éxito para Arantxa, que nesta ocasión foi coroada pola seleccionadora galega de DH-Enduro e dez veces campiona de España de 4X e Dual, Eva Castro.

Dende Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe os nosos máis sinceros parabéns, Arantxa! #ORosalcalidade

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio