A ciclista Arantxa Gómez, de O Rosal, firme promesa do Enduro

📸 César Gómez / Luz Iglesias

A deportista rosaleira Arantxa Gómez Martínez (O Calvario, 2007) comezou a súa andaina no ciclismo con tan só 9 anos no Podium Team, para tres anos máis tarde enrolarse no Club Ciclista O Rosal, participando en probas de escolas en Mini BTT e Mini DH.

Na actualidade é cadete de 2º ano en Mtb Enduro, tras dar o salto en 2022 a esta modalidade, onde conseguiu o Campionato Galego e a Copa Galicia de féminas en categoría cadete.

A Federación Galega de Ciclismo convocouna para diferentes probas da Copa de España, colleitando un 2º e un 4º posto no Campionato de España celebrado en Ávila.

Este ano 2023 comeza marcado polo cambio de club, xa que Arantxa vén de fichar polo Osdosacho Mtb de Gondomar, contando co apoio desinteresado de Ride Galicia Mtb.

Pois ben, a crack rosaleira, unha das firmes promesas da disciplina, inicia a tempada este domingo 16 de abril na Copa Galicia de Enduro que terá lugar en Burela e xa, case sen apenas descanso, o sábado 22 de abril será convocada pola Federación onde defenderá as cores de Galicia por segunda vez nun Campionato de España, que desta vez, se celebrará no municipio de Puntallana, na illa tinerfeña de La Palma.

Dende Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe desexámoste a mellor das sortes. A por todas, Arantxa! #ORosalcalidade

1 comentario en “A ciclista Arantxa Gómez, de O Rosal, firme promesa do Enduro”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio