✍️📸 Rafael Martínez / Alejo Rodríguez / Arquivo Noticias O Rosal
Tal e como nos veñen de informar dende Lirolai, a vila da Guarda foi o escenario elixido para a gravación do próximo videoclip «Canción do mariñeiro«, unha obra audiovisual «que fusiona poesía, música tradicional y paisajes marinos» onde se rinde homenaxe ao poeta rosaleiro Manuel da Ventosela*, sendo interpretada polo propio grupo Lirolai.
«La canción dirigida por Celso Diego, se grabó en alta mar, tanto dentro como fuera del puerto, capturando la esencia de la vida marítima y la riqueza cultural de la región», lembran Alejo e Rafael.
Para esta produción, que estivo a cargo de «Chile estudio«, baixo a dirección do guardés Alejo Rodríguez, Lirolai contou coa colaboración da Asociación Piueiro.
O videoclip «Canción do mariñeiro» non só honra a poesía de Manuel da Ventosela, senón que «también celebra la música tradicional y resalta la conexión ancestral entre los habitantes de la costa y el mar».
*Lembramos dende Editorial Tamuxe que Manuel Álvarez Rivero, máis coñecido polo seudónimo de Manuel da Ventosela, naceu no barrio de Videira, xuradía de Novás (O Rosal) o 29 de marzo de 1907, finando de xeito estrano o 7 de novembro de 1944. Escritor e poeta, o seu primeiro libro titulouse «Maniobra Naval Militar del Ferrol a Cartagena».
Logo viría o poemario «Lágrimas del corazón» (Sevilla, 1932). Colaborou na revista Vida Gallega e no xornal El Pueblo Gallego, ademais dos semanarios da vila do Trega, o Heraldo Guardés e o Nuevo Heraldo (de Xoán Noia). En 1990 a Agrupación Cultural Guardesa dedicoulle o Día das Letras Galegas e o Concello do Rosal, como homenaxe, púxolle o seu nome á praza de Novás.
En Librería & Editorial Tamuxe podes desfrutar de sendos exemplares como «Contos de Manuel da Ventosela» (1991), o mencionado «Lágrimas del Corazón» (edición de 1990) ou mesmo «Novos poemas de Manuel da Ventosela en galego e castelán» (2007), da autoría do noso fundador, Xoán Martínez Tamuxe.