
✍️📸 César Gómez / Abraham Castro / FGC
A promesa rosaleira cadete Arantxa Gómez (OsdoSacho), corouse esta fin de semana como campiona de Galicia na «vertixinosa baixada do Páramo» (Lugo). Un fantástico logro que vén a sumarse á súa medalla de bronce de hai dez días na Copa de España de Enduro.
Segundo podemos ler na web da Federación Galega de Ciclismo: «O DHGTeam encargouse de organizar o Campionato de Galicia 2023 e a xornada transcorreu co ‘flow’ que caracteriza aos eventos organizados por esta entidade. Os máis de cen participantes, superando a cifra do DH Molinos no 2022, atopáronse unha vertixinosa baixada, con treitos de pedaleo, saltos espectaculares e sectores de pedras que poñen a proba a técnica de pilotaxe».

Acompañaron no podium á crack rosaleira Alexia Santervas, de A Forna (2ª) e Alejandra Díaz, do equipo Cambre-Renaut Caeiro (3ª).
Dende Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe, a nosa máis sincera noraboa, Arantxa!