A rosaleira Arantxa Gómez, ‘bronce’ de España

✍️📸 César Gómez / FGC

A deportista rosaleira Arantxa Gómez vén de rematar en segunda posición na última cita da Copa de España de Enduro disputada o pasado domingo 4 de xuño. Con esta fantástica segunda praza, Arantxa consegue ser terceira da xeral da Copa na categoría cadete, tras a catalana Marta Perxachs e a aragonesa Candela Ruiz.

E xa case sen descanso, o vindeiro domingo 11 de xuño, a crack do Rosal competirá no Campionato Galego de DH (descenso) en Sarria (Lugo).

Dende Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe, a nosa sincera noraboa. Parabéns, Arantxa!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio