Noite de DJ, sardiñada e ‘moita troula’ nas Festas de San Xoán

Esta fin de semana dan comezo as Festas de San Xoán en Martín-Visodoseidos (O Rosal). Por este motivo, dous dos organizadores, Pablo Pérez e Riky Vicente, ao igual que en 2022, volven a presentar en Librería & Editorial Tamuxe o programa de festexos e animan a rosaleir@s e visitantes a disfrutar de varios días de «moita troula».

O sábado 17 de xuño, tal e como reza o cartel, a partir das 23:00 horas, terá lugar a segunda edición de «O Son dos Muños» cos DJ Diego Wass, David Correa, Diego Mariño e DJ Jossi.

Xa o sábado 24 de xuño, ás 20:00 horas, «Gran Sardiñada» acompañada pola charanga Nova Cubana. A partir das 23:00 horas, Gran Verbena co trío La Noche del Grove e o dúo Prisma. Ás 0:00 horas, a Gran Fogueira de San Xoán.

O domingo 25 de xuño, a partir das 11:00 horas, o grupo de gaitas Airiños do Folón percorrerá as rúas do pobo. Ás 12:30 horas, misa de campaña cantada polo coro Ecos do Folón.

Xa de tarde, a partir das 17:00 horas, inchables gratuítos para nenos e maiores. O Mago Zanas actuará ás 19:00 horas.

Lembran Pablo e Riky que haberá cantina a prezos populares e o torreiro estará cuberto cunha carpa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio