Lirolai presenta en A Guarda o videoclip «Canción do Mariñeiro»

✍️📸 Agrupación Musical do Rosal.

O grupo de música tradicional Lirolai do Rosal presentará o seu novo videoclip, «Canción do Mariñeiro», este sábado, 13 de abril, ás 20:30 h, no Salón de Plenos do Concello da Guarda.

A «Canción do Mariñeiro», inspirada no poema do poeta rosaleiro Manuel da Ventosela e musicada por Celso Diego, retrata a dura vida dos mariñeiros e o profundo vínculo co mar.

A gravación deste videoclip levouse a cabo en xuño do pasado ano nas costas da Guarda a bordo da embarcación tradicional «O Piueiro», e foi realizada por «Chile Estudio», do guardés Alejo Rodríguez.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio