Oia celebra a 6ª edición de «A Treboada no Mosteiro»

O Real Mosteiro de Oia acollerá “A Treboada no Mosteiro” con motivo dos 400 anos da batalla histórica.

O Real Mosteiro de Oia convida a todo o público a asistir á VI edición de “A Treboada no Mosteiro” o vindeiro sábado 20 de abril.

O Real Mosteiro de Oia prepárase para conmemorar o que foi un momento crucial na súa historia coa sexta edición de «A Treboada no Mosteiro» o sábado 20 de abril.

Este evento anual, que lembra a valente loita dos monxes contra os piratas en 1624, adquire un significado especial este ano ao cumprirse catro séculos desa batalla.

A xornada estará chea de actividades para toda a familia, con gran enfoque para o desfrute dos máis pequenos da casa. O acceso será libre e de balde para todos os asistentes ata completar capacidade e ademais este ano a celebración non só se desenrolará no propio Mosteiro, se non que, se estenderá a todo o centro histórico da vila.

«A Treboada no Mosteiro», que fai referencia ao tronar dos cañóns da Praza de Armas, ofrecerá unha variedade de actividades distribuídas por todo o recinto do cenobio cisterciense.

Actividades nas que os asistentes poderán participar activamente, mergullándose así na historia e a cultura do lugar, grazas a contacontos, experiencias de realidade virtual, obradoiros creativos, visitas teatralizadas, torneos históricos e moito máis. As actividades están programadas desde as 11:30 ata as 19:00 horas.

Sarah Barbará, responsable da dinamización cultural do Mosteiro, resaltou a transcendencia deste evento como unha gran oportunidade para Oia e a súa comunidade “O feito histórico que celebramos ten tal importancia, que sabemos que non pode quedar tralos muros do Mosteiro. Fai 400 anos os monxes non loitaron sós, toda a veciñanza uniuse a eles e mais aos soldados que habitaban no Mosteiro para defender a costa duns ataques da piratería que naquel entón eran realmente problemáticos en Galicia.

Na actividade colaboran tamén o Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra. «A Treboada no Mosteiro» marcará a última apertura do Real Mosteiro de Oia antes de que comece o proxecto de restauración e rehabilitación anunciado no principio do ano.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio