A rosaleira Arantxa Gómez brilla na Copa de España

📸 Federación Aragonesa de Ciclismo / Endurrazo / Osdosacho / @chemi.jo

✍️ Osdosacho Mtb

🥉🥈 Un 3º e un 2º posto para a deportista rosaleira Arantxa Gómez nas dúas primeiras probas disputadas da Copa de España de Enduro.

A corredora de Osdosacho Mtb de Gondomar se desprazou a principios de marzo a terras aragonesas para disputar a primeira proba puntuable para a Copa de España de Enduro. A chuvia e a neve foron protagonistas destacables na fin de semana, onde puxo a proba nos cinco tramos cronometrados as habilidades dos 300 participantes congregados. A rosaleira saíu airosa e se trouxo un 3º posto na súa estrea na categoría junior feminina.

A segunda proba disputada do Open de España chegou a fin de semana pasada aos montes do Morrazo, co xa consagrado Endurrazo e o seu mítico tramo nocturno, atraíndo a máis dun millar de asistentes. Arantxa xogaba en casa e iso se facía notar en cada baixada co apoio da xente presente. Xa en carreira, 2ª mellor junior para a de O Rosal, por detrás da asturiana Natalia Menéndez (que está intratable) e 6ª posición en Scratch feminino.

A falta de tres probas por disputar, Arantxa Gómez se coloca 2ª da xeral na categoría junior. Dende Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe, os nosos sinceros parabéns, crack!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio