Esta fin de semana (7, 8 e 9 de xullo) o Bar Jota Jota que rexenta a rosaleira de Pías, Iria Supertramp, conmemorará o seu primeiro aniversario cun extenso e atractivo programa que inclúe concertos, monólogo, recital e aínda a «Gala de los Óscar». Colaboran neste evento: O Alcouve da Moura, Sapoconcho sem Poncho e a nosa Editorial Tamuxe.
O venres 7 de xullo inaugúranse os actos culturais cunha festa de temática ibicenca (19:00 horas) para xa, desfrutar, a partir das 23:00 horas, do concerto de Exeria.
O sábado 8 de xullo terá lugar o monólogo de humor a cargo de Carmiña y Olé. Ás 23:30 horas, concerto de Leira Rock.
O domingo 9 de xullo (12:30 horas) comezará o día co vermú poético da artista anfitriona, Iria Supertramp.
Ás 15:00 horas, pinchada de Sapoconcho sem Poncho. Xa ás 17:00 horas, concerto de Vértebras e para rematar, ás 19:00 horas, o colofón final: a Gala dos Óscar.
Dende Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe, como sempre un pracer colaborar neste tipo de eventos culturais.
A nosa máis sincera noraboa para Iria e o Jota Jota. Longa vida! #ORosalcalidade