O grupo do Condado, Exeria, de grunge/rock dos 90, formado en 2021, vén de lanzar o 11 de marzo o seu primeiro sinxelo «Un novo nome».
Gravado en Estudios Lufs atopámonos cun tema de enérxicas guitarras, perpetrando uns riffs pesados e que invitan ao headbanguin. A letra trata sobre a transición, a aceptación dos cambios na nosa vida, así como as escollas que esta obríganos a realizar. Neste tema pregúntanse se cando algo remata abruptamente e debemos adaptarnos a una nova realidade, teremos a forza para comezar una vida distinta e renacer?
Estamos falando dun grupo de recente formación, pero que conta nas súas filas con membros xa curtidos en distintos grupos como O Caimán do río Tea, Cool Funeral, Circular ou Met. O seu estilo estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90 ́s, e incluso o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquera proxecto, e a sensación de pertenza a un lugar e un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o leito polo que discorre seu discurso estilístico.
O videoclip esta dirixido e realizado polo artista e terapeuta Wences Lamas (Lugo,1983). No ámbito do audiovisual rodou a longametraxe “El Campo”, os documental “Bailes de Histéricas”, videoclips para selos como Subterfuge, Humo ou Ernie Récords, solistas como Pablo Und Destruktion, Alberto Montero ou Santi Araujo, bandas como Fantasmage, Balcanes ou Grupo Salvaje. Trata de que a cámara sexa unha ferramenta máxica dentro dun ritual.
Este sábado 18 de marzo Exeria estará no bar Jota Jota de O Rosal ás 23:00 h abrindo así a xira deste 2023.