
O Real Mosteiro de Oia abrirá ao público do luns 30 de marzo ao domingo 5 de abril, ofrecendo unha experiencia cultural única, onde os visitantes poderán percorrer as diferentes estancias, recunchos inéditos e redescubrir a historia e segredos do Mosteiro de Oia dende unha perspectiva renovada.
As visitas guiadas, organizadas pola Fundación Bretal, permitirán mergullarse na historia deste monumento emblemático da costa galega, mentres se avanza no seu proceso de recuperación.
O Mosteiro atópase actualmente en estado de ruína consolidada polo que se recomenda acudir con roupa e calzado cómodo para explorar os seus diferentes espazos e xardíns.
Horario de visita:
As visitas realizaranse dende do 30 de marzo ao 5 de abril, en tres quendas diarias:
- 11:30 horas
- 16:30 horas
- 18:30 horas
Os grupos serán reducidos para garantir unha visita personalizada por parte dos expertos, que guiarán aos visitantes polo monumento e ofrecerán explicacións detalladas sobre a súa historia, arquitectura e a vida no Mosteiro ao longo dos séculos.
Desde a organización salientan que a Semana Santa é, sen dúbida, o momento ideal para visitar o mosteiro. Destacan o seu valor histórico, a oportunidade de descubrir recunchos pouco coñecidos e a posibilidade de gozar da paz que ofrecen os seus xardíns e a súa contorna.
Non perdas a oportunidade de visitar un dos lugares máis emblemáticos da costa galega esta Semana Santa!
Consulta a dispoñibilidade ou reserva xa a túa praza no seguinte enlace:
https://www.mosteirodeoia.com/gl/real-mosteiro-de-oia-actividades-semana-santa-2026/
A historia espérate!
