
O local Jota Jota, situado no Rosal, organizará o próximo sábado 28 de marzo a partir das 12:00 horas un Feirón Musical, unha xornada que combinará música en directo e un mercadiño de obxectos usados.
Durante todo o día haberá un mercadillo de música, trebelladas e outras cousas de segunda man, ademais da presenza de varios picadiscos que ambientarán a xornada.
A programación musical comezará ás 12:00 horas coa Sesión Vermú, un espectáculo descrito como “unha sátira musical dos movementos sociais”.
Xa pola noite, a partir das 20:00 horas, terá lugar o concerto principal, no que participarán os Boogies e outros artistas, como se pode apreciar no cartel.
Ademais, durante toda a xornada estarán aos pratos Som Afrokinki, Bumayé Selectah e Sapoconcho sem Poncho, encargados de poñer música ao ambiente.

Entrada gratuita?
Boas! Pois si, a entrada é libre e gratuita!