Arantxa Gómez (O Rosal), campiona de DH de Galicia 2025

✍️ Osdosacho 📸 Ipfphoto / C.G. / Miguel Matas

Arantxa Gómez, do club Osdosacho, vén de conseguir a medalla de ouro na categoría junior feminina o pasado domingo, ademais de ser tamén a corredora mais rápida entre as féminas no Campionato de Descenso de Galicia, que se celebrou no parque forestal de A Fracha, en Pontevedra.

Cun tempo de 3’01 a rider rosaleira puido facer aínda mellor tempo se non fora por unha pequena caída na primeira trialera. Iso si, repúxose rapidamente e levouse o Scratch  que se lle escapara o ano pasado por 3 milésimas e deixando a 6 segundos á segunda clasificada. Con este é o terceiro Campionato Galego conseguido por Arantxa en DH.

Circuíto dos máis complicados de Galicia, cunha espectacular organización por parte de Jaco e David Amor, que deixou moita emoción, nervios e adrenalina así como moi bo sabor de boca entre o público e participantes.

Mencionar dende aquí ao rider tomiñes e compañeiro de club, Sindo González, que conseguía a medalla de 🥈 en Cadetes.

Arantxa, en plena acción en La Molina. Foto: Miguel Matas.

Desta maneira Arantxa segue a súa proxección tras o seu cuarto posto coa Selección Galega no Campionato de España de Descenso celebrado hai uns meses na estación de esquí de La Molina (Girona).

Lembramos que a crack rosaleira na manga clasificatoria facíase co primeiro posto entre as Juniors xuvenís, pero xa na final unha saída de pista lle fixo perder varios segundos de ouro que a levou a un méritorio 4° posto. A vitoria foi para a catalana Marta Perxats.

Segundo declaracións de Arantxa «El circuito era muy físico, con zonas de contraperalte y mucha inclinación, donde tenías que estar muy concentrada, al estar roto por el paso de los bikers y no cometer ningún error como me sucedió. Cosas del directo«.

De todas formas, a deportista de O Rosal admite que «me quedo con la increíble experiencia vivida al ser mi primera participación en un Campeonato de España DH y el saber que estuve a punto de conseguir una medalla para Galicia. Aprovechar para darle las gracias a la FGC y sobre todo a Eva Castro y su equipo por su confianza e igualmente a mis compañeros de selección«.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio