
✍️ Osdosacho ? Yaiza.fp
A deportista júnior rosaleira Arantxa Gómez (equipo OSDOSACHO), convocada pola Federación Galega de Ciclismo e a súa seleccionadora Eva Castro, para o Campionato de España DH que se celebrará do 18 ao 20 de xullo na Estación de La Molina (Girona).

Despois de cinco probas disputadas da Copa de España DH, a nosa crack obtivo un 3° posto na xeral Junior feminina con dúas vitorias e un 3° posto en Scratch feminino. Así, o seu esforzo é recompensado coa chamada da seleccionadora para defender as cores do combinado galego.

Por outro lado, lembrar que aló polo mes de novembro foi galardonada como Deportista Promesa na Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra e xa en abril recoñecida polos seus logros na Gala do Deporte do Concello de Gondomar ao cal pertence o club OSDOSACHO.
