✍️ Os Dosacho // 📸 Ivanpfphoto
Arantxa Gómez, a corredora rosaleira de Os Dosacho, quedou a só un suspiro, 6 milésimas da primeira fémina, a elite Alba Arias, que foi gañadora estes dous últimos anos no Campionato Autonómico de DH.
Despois de 4 meses de ausencia nas pistas por unha lesión, Arantxa subíase á bicicleta para volver a coller sensacións na última proba do Campionato de Galicia de Descenso, que pecha a tempada e que se celebrou en A Fracha, organizada polo clube Moto Bike, con Jaco ao fronte.
Nun circuíto roto e moi solto pola climatoloxía a rosaleira baixou monte abaixo sen ningún tipo de presión, disfrutando das baixadas e vendo as sensacións despois de tempo sen competir.
E non puido ser mellor, xa que rematou 4ª na cualificación co mellor tempo feminino absoluto e xa na final daba a sorpresa e colocábase 2ª a tan só 6 milésimas da Campiona Elite feminino e acadando o 1º posto junior.