Un libro profundiza na perda de uso do galego

A cidade de Tui acolle este venres 31 de marzo, ás 20:00 horas, na sala de exposicións municipal (Edificio Francisco Sánchez), a presentación do libro A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego, da autoría de Ánxel Cardín.

Tal e como se informa dende o concello tudense, “a presentación do acto correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela. Ademais, intervirá o investigador sociolóxico, Luís Cuntín, que presentará ao autor, e ao propio escritor, Anxel Cardín”.

“Esta publicación ofrece unha panorámica pola evolución dos idiomas peninsulares ameazados e os problemas para a súa normalización, ollando coa lupa e de preto a do idioma galego”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio