Suso Vila presenta o libro “Santa María de Oia”

O Mosteiro de Oia acollerá este venres 31 de marzo (19:00 horas) o acto de presentación do libro Santa María de Oia. Arte, historia e patrimonio dun mosteiro transfronteirizo, da autoría do historiador tudense Suso Vila e editado polo Concello.

Segundo a web oiense: “Para asistir cómpre inscribirse previamente chamando ao Concello ao número 986 36 21 25”.

A obra abrangue diversos aspectos arredor do Mosteiro de Santa María de Oia, cenobio cisterciense “responsable de transformar o suroeste de Galicia” e que “se ligou á súa contorna como ningún outro centro monástico en Galicia”, segundo afirma o propio autor no libro.

Entre outros aspectos, lémbrase dende o Concello “o volume aborda a paisaxe histórica fronte a paisaxe natural de Oia, as orixes do mosteiro e principais episodios históricos, a desamortización, o campo de concentración durante os anos da guerra civil e a súa situación actual. Tamén fai un achegamento á arquitectura do monumento, prestando especial atención á igrexa e o mobiliario litúrxico que se conserva (retablos, coro, pinturas, etc.)”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio