Agora que se achegan as festas de Nadal e Reis que mellor oportunidade para regalar un dos últimos exemplares (quedan tan só 5) que temos á venda en Librería & Editorial Tamuxe do libro A saga das curandeiras, a primeira novela da docente e divulgadora científica, Marisa Castro Cerceda (Lugo, 1955).
«Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas«.
Esta obra de Marisa Castro, editada por Hércules Edicións, xa vai pola súa terceira reimpresión (marzo, 2023).