Concerto de “Cantares do Brueiro” en O Rosal

✍️📸 Concello do Rosal / Cantares do Brueiro

O Rosal chega á fin de semana cunha proposta cultural única: achegarse ás voces de Cantares do Brueiro, impregnadas do engado emocional que arroupa o mimo da labranza cantora. Este domingo 19 de novembro o coro subirase ao escenario no auditorio municipal do Rosal coa súa proposta ‘Si cantan, es ti que cantas…’, un espectáculo musical creado con moito agarimo e paixón por todas e todos os seus integrantes.

Baixo a batuta do seu director, Tino Baz, a partir das 19.30 horas o público poderá gozar da música tradicional popular galega mesturada con pezas propias e clásicas galegas de autores e autoras moi coñecidas para todos e todas, seguindo a liña marcada dende o seus inicios alá polo ano 2014.

Unha homenaxe á canción popular galega e ao canto coral cun coidado moi especial achegado polas preto de 30 voces que compoñen o coro.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza a gozar deste concerto único de balde e apoiar o traballo realizado por Cantares do Brueiro ao longo dos anos “para manter viva a tradición da música popular galega. É un orgullo poder desfrutar do seu talento e das súas voces nunha vila con tanta tradición musical como é O Rosal”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio