Chega a 2ª edición do GHALLAECIA METALFEST

✍️ Avantegarde MNGT

GHALLAECIA METALFEST regresa para a súa segunda edición que terá lugar o 25 de novembro de 2023 a partir das 18:30 horas na Sala Rebullón de Tameiga-Mos (preto de Vigo), Galicia.

Nunha produción conxunta de SOS METAL RADIO SHOW (Portugal) e GALIZA METÁLICA (Galicia), ambos programas emitidos a través da emisora autonómica Rádio Bracarense, ANTENA MINHO 106.0 FM, este é o único festival dedicado exclusivamente ás bandas de metal do territorio da antiga Gallaecia Romana contribuíndo a fomentar conexións musicais aínda máis profundas entre ambas as beiras do río Miño.

O cartaz completo do evento está formado polos galegos BLOODHUNTER (A Coruña – foto portada), LÓSTREGOS (A Coruña), MANO DE PIEDRA (Vigo) e TÁLESIEN (A Coruña), e tamén polos portugueses MOONSHADE (Porto), HUNTED SCRIPTUM ( Braga) e MUSIC IN LOW FREQUENCIES (Braga).

Entradas á venda anticipada a 15 euros xa dispoñibles aquí ou por 20 euros o mesmo día.

Mais Info: http://facebook.com/ghallaeciametalfest

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio