Onte, martes 14 de novembro, tivemos en Librería & Editorial Tamuxe a visita de Daniel Martínez e Saúl Senra, membros da nova e activa Comisión de Festas dos «Carnavales de Fornelos» (O Rosal).
Nunha animada charla contáronnos que este Entroido 2024 vén cargado de moita troula. Non en van, Fornelos celebrará dende o venres 9 ao martes 13 de febreiro un dos seus festexos máis agardados.
Tanto Dani como Saúl coinciden na necesidade que había «de darlle unha volta ás Festas. A Comisión está moi ilusionada e con ganas de traballar para que Fornelos volva a ser o que era… » Ou mellor, xa que neste 2024 adiántannos que durante estes 5 días haberá, ademais das tradicionais Corrida do Galo ou as Frixidelas «moitas actividades de lecer e gastronómicas, xogos populares para nenos e maiores, orquestras e un gran Festival de Dj’s».
Dende Librería & Editorial Tamuxe é un pracer colaborar coa Comisión de Fornelos cunha pequena cesión de diferentes puzzles, pasatempos e libros (de Educa, Peppa Pig, da Patrulla Canina ou «O poder máxico do sorriso» de Thalía Troitiño González) para sortear durante as Festas.
Me siento orgullosa de ser del Rosal , Fornelos aunque residiendo en Suiza.Mis carnavales preferidos ahí estaré como todos los años.Gracias por todo desde Suiza.Saludos.