
O vindeiro sábado 20 de maio (16:00 horas) o Bar Troya de Marzán que rexenta a rosaleira Mª Jesús Rodríguez acollerá o Torneo «Lendo a Xoghada», quinta proba da Liga de Futbolín O Rosal 2022/23 e que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023.
Tras a celebración do último campionato «Carnaval Parando», desta quenda os participantes competirán na modalidade ‘movemento’ (sen parar na dianteira) e, como sempre, co sistema «cego» (as parellas establécense por sorteo).
Hai ofertadas tan só 20 prazas polo que podes apuntarte dende xa no propio Bar Troya ata o venres 19 de maio (inscrición individual: 3 €).
Como sempre, haberá premios para os tres primeiros equipos clasificados, ademais de distinguir con sendos recoñecementos ao «Mellor Porteiro/a», «Mellor Xogador/a» e «Xogador/a Revelación» do evento.
O Torneo conta co patrocinio e colaboración de Planeta Futbolín, Editorial Tamuxe, Cerrajería Vintanox, Cafetería Nenza Xida, Alejandro Rodríguez (Rodrimar) e La Selva Club.