📸 Juan Usoz
Este domingo 30 de abril, ás 17:30 horas, terá lugar unha sesión de contacontos moi especial na Librería & Editorial Tamuxe de O Rosal (Pontevedra) a cargo da xove mestra Ana Lomba Fernández, “A Ninfa do Miño”.
Ana (Goián, 1999), Graduada en Educación Infantil pola Universidade de Vigo e que fará o seu ‘debut oficial’ en terras rosaleiras, explica a razón do seu nome afirmando que “o Miño é algo que me interesou dende sempre. Estamos separados do país veciño por un río, pero compartimos vidas e unha mesma identidade, é como unha converxencia”.
No evento, enfocado aos máis pequenos pero aberto a todos os públicos, daráselle voz e vida a diferentes historias como as de “O coelliño branco”, “Corre Corre, Cabaciña”, “Cocorico” ou mesmo “A árbore xenerosa”.
L&E Tamuxe, que o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cumprirá o seu primeiro aniversario, está emprazada nas inmediacións da céntrica Praza do Calvario, en concreto na rúa Jesús Noya. A entrada é libre ata completar aforo. Máis información, no teléfono 986 62 53 12.