
O boxeador goianés Charly López competirá este sábado 6 de maio en Porriño (20:30 horas) no que será o seu quinto combate profesional.
A velada -segundo os entendidos- unha das máis importantes dos últimos anos en Galicia, finalizará coa disputa do Campionato de España Superwelter, sendo o enfrontamento estelar o de José «La Sombra» Martínez e Sergio «El Kaiser» Fernández.

Segundo declaracións a NOTICIAS O ROSAL – EDITORIAL TAMUXE, Charly López confésanos que «o meu obxectivo principal por suposto é gañar o combate e sumar unha vitoria máis ao meu récord persoal, que agora mesmo o teño en 3-1-0. Tamén busco recuperar as boas sensacións sobre o ring«.

O crack de Goián agradece dende aquí, como sempre, aos seus patrocinadores desta tempada 2023. «Grazas a Clínica Senlleira, Emofitness, Zona de Obra, Cafetería A Riña, Clínica Dental López Sousa, A Tu Mesa, Mecasoft, Automatismos Valle Miñor, Regaplat, Spartan Team, Autogeda, Librería & Editorial Tamuxe, Galcanix e ao Concello de Tomiño«.