A Guarda e O Rosal, protagonistas dos contos da «Ninfa do Miño»

📸 Juan Usoz / Juan Ramón

O pasado domingo 30 de abril tivo lugar o exitoso debut como «contacontos» da goianesa Ana Lomba Fernández, «A Ninfa do Miño», na nosa Librería & Editorial Tamuxe de O Rosal.

Pequenos e maiores gozaron de diferentes e divertidas historias, adaptadas ao Baixo Miño. Por exemplo, en «A árbore xenerosa», o protagonista chamábase Xián, era de O Rosal e a acción localizábase na zona de As Aceñas (San Miguel de Tabagón).

En «Corre corre, Cabaciña», a «Ninfa do Miño» menciona o Parque de Pías, a cheminea de As Cachadas, a igrexa de San Roque ou mesmo o «Alto do Coruto» (A Guarda).

En «O Coelliño Branco» o relato transcorre na parroquia de San Bartolomeu das Eiras. No conto de «Carabuñas» o seu protagonista salta dende as montañas de Camiña ata o Miño, entrando pola Lamiña «en busca de nenos campusinos».

O noso sincero agradecemento a Ana Lomba, «A Ninfa do Miño» así como a todos os nenos e nenas que, cos seus pais, asistiron a esta estrea cultural e literaria. Prometemos, por tan boa acollida, máis actividades desta índole. ¡Graciñas!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio