Un xogador de O Rosal disputa o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

Dani, Loreto, Marcos e María disputarán o Campionato Ibérico

Este sábado 6 de maio terá lugar na cidade olívica o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico, tanto na categoría feminina como na masculina, coa presenza de tres xogadores residentes en A Guarda (María e Loreto co Estrela Vermelha de Santiago de Compostela e Dani con Keltoi Vigo) e un xogador de O Rosal, Marcos Pérez “Marzán”, integrante tamén de Keltoi Vigo.

Este ano 2023 Galicia acolle as Finais Ibéricas de Fútbol Gaélico, que están organizadas por Keltoi Vigo.

Segundo comunica a Asociación Galega de Fútbol Gaélico “As Fináis Ibéricas é a competición de clubs de fútbol gaélico máis importante da rexión “Iberia”, que abarca toda a Península Ibérica, incluíndo Portugal e Xibraltar. Nela participan os mellores 6 equipos femininos e os 6 mellores masculinos clasificados previamente nos seus propios campionatos, que están divididos por 3 áreas xeográficas”.

O deportista rosaleiro Marcos “Marzán” en acción nun adestramento na Canosa

Poderás seguir os partidos en directo nos seguintes enlaces:

Partidos na Madroa: https://www.youtube.com/watch?v=iWtjxXMVSl0

Finais: https://www.g24.gal/-/futbol-gaelico-torneo-iberico (a partir das 19h na TV)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio