📷✍️ Concello O Rosal

En conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, a Escola da Saúde presenta a seguinte programación.
A Escola da Saúde abre as súas portas o venres 24 de abril ás 19:00 h con María Urrutia Baliño, quen falará sobre o Tai Chi Chuan e os seus beneficios físicos e mentais.
O martes 12 de maio ás 17:00 h terá lugar unha charla da Asociación Dano Cerebral Galicia, cunha aproximación ao dano cerebral adquirido.
Ambas as charlas terán lugar no Centro Social Polivalente.
Entrada de balde.
