Candidaturas do XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa

✍️📷 Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Tres candidaturas optan este ano ao XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

As colexiadas e colexiados poderán escoller entre concederlle o galardón á estadounidense Mary Bruce, á organización Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua (PCIN) ou ao xornalista galego de elDiario.es José Precedo.

O prazo de votación remata ás 14.00 horas do martes 7 de abril. Para participar, será preciso identificarse co seu usuario e contrasinal a través da web do premio. O proceso será recollido en acta polo secretario do premio, avalado por unha notaría, e darase a coñecer publicamente.

Sobre as candidaturas:

Mary Bruce é unha xornalista con máis de 20 anos de traxectoria profesional, con ampla experiencia en coberturas informativas, especialmente no ámbito político estadounidense, con destinos tan complexos como o Capitolio e a Casa Branca.

Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua (PCIN) creouse en decembro de 2018 como resposta aos ataques do goberno dese país contra as e os xornalistas, que o sitúan actualmente nun dos últimos postos da clasificación mundial da liberdade de prensa de Reporteiros Sen Fronteiras. A súa candidatura representa unha homenaxe ás comunicadoras e comunicadores nicaraguáns que seguen informando desde o país ou o exilio e denunciando, contra todas as dificultades, ao tempo que lembra a gravísima situación que sofre a liberdade de prensa nese país centroamericano.

José Precedo é, desde os inicios da súa carreira profesional en Galicia, un dos nomes principais do xornalismo político e de investigación en España, onde se distinguiu sempre polo seu traballo vencellado ao servizo público, á proximidade e á responsabilidade social. Ademais, destaca por defender o dereito ao segredo xornalístico ante o Tribunal Supremo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio