📷✍️ O Concello de O Rosal

O Concello de O Rosal pon en marcha un novo ciclo de andainas interpretativas para dar a coñecer a riqueza natural, histórica e patrimonial do municipio.
A primeira actividade celebrarase o sábado 28 de marzo cunha ruta circular polo monte comunal das Eiras.
A andaina está dirixida a persoas cunha condición física media e sen problemas de mobilidade. O percorrido será de arredor de 6 quilómetros, cunha dificultade baixa–moderada, un desnivel acumulado próximo aos 200 metros e unha duración estimada de tres horas.
Ao longo do traxecto, os participantes visitarán distintos puntos de interese de O Rosal, como os petróglifos do Ghorghalado, o miradoiro da Capela da Madalena e as súas sobreiras.
A ruta continuará cun descenso ata a praia situada á beira do río Miño. No regreso, pasarán pola igrexa de San Bartolomeu e polos viñedos tradicionais do Rosal.
A actividade conta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa a través do formulario dispoñible na web municipal ou no Rexistro do Concello.
Unha vez pechado o prazo, as persoas inscritas recibirán por correo electrónico toda a información práctica, incluíndo o punto de saída, recomendacións sobre o equipamento e a documentación necesaria para participar.
