Entradas para a velada de Goián “Comezo da Lenda RETURN”

Xa podes conseguir en Librería & Editorial Tamuxe (r/Jesús Noya, O Rosal) as entradas para a agardada velada profesional de boxeo “Comezo da Lenda Return” que se celebrará en pouco máis de dúas semanas, en concreto, o vindeiro sábado 8 de xullo no pavillón de Goián (Tomiño).

A entrada anticipada (12€) tamén estará á venda –ata o mércores 5 de xullo– no Bar Vaya Punto (Goián), Olalá (Tomiño), Pool Chaos (A Guarda), Bar El Cielo (Tui), Kick&Box Club (Salceda) e en CKM (Mos).

Dende Noticias O Rosal e Librería & Editorial Tamuxe é un pracer ser un dos patrocinadores deste curioso e singular evento deportivo. A nosa noraboa e a mellor das sortes para o noso amigo Charly López e os seus pupilos!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio