Onte, 26 de xuño, estivemos na Praza do Calvario co noso amigo Charly López, boxeador profesional e veciño de Goián, que o vindeiro sábado 8 de xullo combatirá “na casa” na velada “Comezo da Lenda Return” (apertura de portas ás 19:30 horas).
Sendos expositores publicitarios cedidos polo Concello xa están instalados ao carón do ‘monumento ao Cabaqueiro’ ou mesmo nas inmediciacións da casa consistorial.
Charly, que boxeará por primeira vez nun mesmo evento co seu irmán David (na imaxe, sobre estas liñas), non oculta a súa ledicia e nos transmite o seu agradecemento polo apoio que está recibindo, tanto por empresas (Zona de Obra, Bar Skape, As Brasas ou Editorial Tamuxe) como por amig@s rosaleir@s.
De feito, na nosa sede de Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe (rúa Jesús Noya, 1) a venda de entradas anticipadas (12 €) está superando as expectativas máis optimistas, polo que se agarda un “bo e xeitoso batallón de siareiros e siareiras da vila” (entrada de balde ata os 10 anos).
Lembra que se queres unha entrada anticipada tamén estarán á venda –ata o mércores 5 de xullo– no Bar Vaya Punto (Goián), Olalá (Tomiño), Pool Chaos (A Guarda), Bar El Cielo (Tui), Kick&Box Club (Salceda) e en CKM (Mos).
Moita sorte para Charly, que afrontará o seu quinto combate profesional, como para todos os integrantes do Spartan Team de Tomiño. A por todas!