Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da AMDOR

✍️📸 Agrupación Musical do Rosal

Do 19 ó 30 de xuño, en horario de 11:30 á 13:30 horas e de 18:00 á 21:00 horas, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2023/2024 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. A Escola de Música da AMDOR está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.

As materias que se imparten son as seguintes:

– Iniciación Musical (de 3 a 7 anos)

– Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º)

– Solfexo para adultos

– Harmonía

– Análise

– Instrumento. As clases, para alumnos a partir dos 7 anos son individuais e están impartidas por profesorado de cada especialidade: Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Contrabaixo, Percusión, Gaita, Piano e Guitarra.

– Agrupacións:

  Minibanda

  Banda da Escola

  Música de Cámara

  Coro Infantil (a partir dos 3 anos)

  Coro de Adultos

  Música Tradicional

A escola ofrece descontos do 50 % para os alumnos de 1º curso en instrumentos como Fagot e Trombón e do 100% para Trompa, Bombardino, Tuba e Contrabaixo.

As clases darán comezo o 11 de setembro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados para elección de horarios individuais. Durante o curso realízanse actividades diversas como audicións, festivais, masterclass, colaboracións ou mesmo campamento de fin de curso.

Para máis información poden dirixirse á oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio