
? Santa Fotografía / J.D. / Arquivo E.T.
Se hai poucos días nos facíamos eco da chegada de César Armán ao banco do Novás, desta vez temos que falar dun regreso máis que esperado pola ‘parroquia rosaleira’.

Javi Díaz, logo de 23 tempadas na Liga ASOBAL e 650 partidos disputados, volve a O Rosal nada máis e nada menos que 32 anos despois para fichar polo equipo «que o viu nacer».

O eterno e incombustible cancerbeiro de Fornelos, que conta na actualidade con 48 anos, disputará (a que parece ser) a súa última tempada coa escuadra da vila na División de Honor Prata do balonmán nacional.
Lembramos que Javi, despois do tamén mítico José Javier Hombrados, é o segundo xogador con máis partidos da ASOBAL e pasou por equipos como Academia Octavio, Chapela, Teucro, Teka, Villa de Aranda, Valladolid ou mesmo o Frigoríficos Cangas.

Tal e como podemos ler nas RRSS do Novás «a ??????????ó?, ???á ???? ?á???? na ???? ???????? (Figueiró) ? ?????? ??? ??? con música en vivo, promocións, sorteos e máis sorpresas«.
Benvido a casa, Javi e toda a sorte do mundo! #ORosalcalidade
