📸 Portada: Locomotora Pontevedra del tren El Compostelano captada por Manuel Chicarro. // EDITORA ALVARELLOS
Xa podes facerte en O Rosal co número de inverno da revista COUSAS DE na nosa Librería & Editorial Tamuxe, sede da web cultural Noticias O Rosal.
COUSAS DE, editada por EDICIONES BASAN, está dirixida por Jesús Mª García Bastida, distribuíndose gratuitamente en A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, Covelo, Cuntis, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa. En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao.
Este número 20 (Ano V) da revista trae á súa portada «El Compostelano». O primeiro ferrocarril galego. Tal e como lembra o autor do artigo, Carlos Alberto Antuña Souto, «Este ano 2023 celébrase o 150 aniversario da liña ferroviaria de 42.825 quilómetros de percorrido que unía Santiago con Carril (Vilagarcía) e que supuxo un fito fundamental na historia do ferrocarril en Galicia».
Podes ver/descargar a revista COUSAS DE aquí.