Por segundo ano consecutivo dende a nosa apertura, é un pracer colaborar dende Noticias O Rosal e Librería & Editorial Tamuxe coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal.
Desta vez, a nosa doazón consistiu en catro agasallos. O primeiro, o mítico xogo Magia Borrás, “un set con 50 trucos de magia para niños y niñas a partir de 7 años. Estimula la imaginación, la habilidad y el ingenio de los niños a la vez que se divierten“.
O segundo, o libro Vermella, de Sabela Losada Cortizas (Baía Edicións, A Coruña, 2018): “Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso… Foi un accidente? Quen é a vítima? Serán quen de resolveren este enigma?”.
O terceiro agasallo, o libro Estación Nadal, de Mamá Cabra (Editorial Galaxia, 2014): “Contan que só hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hay unha máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de… en fin, de todas as cousas boas que ten a vida”.
E o cuarto, a publicación Akna. Os mariñeiros da terra de xeo, de Irati Merino Petralanda e Peio López-Iturri (Editorial Galaxia, 2021).