Clausura das visitas por Tui do Instituto de Estudios Tudenses

✍️ J.R. // 📸 Concello de Tui

Este venres 25 de agosto clausúrase o programa “Coñece o noso patrimonio”, unha serie de visitas a elementos patrimoniais dentro do marco de colaboración entre o Concello de Tui e o Instituto de Estudios Tudenses (ente cultural autor da revista Castellum Tyde).

O último evento cultural estará, pois, a cargo do arqueólogo Juan José Perles Fontao, que presentará «As murallas de Tui». O inicio será ás 20:00 horas dende a Praza de San Fernando.

Lembrar que -entre outras actividades- houbo dende xullo unha conferencia de Patxi Pérez-Ramallo:  Redescubrindo San Bartolomeu de Rebordáns: ¿Elite social no centro de poder da Gallaecia tardoantiga?, con visita ás escavacións de San Bartolomeu de Rebordáns.

Así mesmo, participaron José Ramón Fernández Fernández:  Igrexa de San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco; Suso Vila O barrio histórico de Riomuíños; Marta Cendón Fernández: A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido a través do románico e o gótico (nas imaxes).

O aforo é limitado. Cómpre inscrición previa en biblioteca@tui.gal (indicando nome e teléfono de contacto).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio