A parroquia de San Xoán de Tabagón acolle este sábado 26 de agosto, a partir das 16:00 horas, a XXXI edición do Trofeo Pista de As Faias.
Tal e como podemos ler nas RRSS do Club Ciclista O Rosal, organizador da proba «chega un deses días marcados no calendario, un día que «xogamos» na casa, un día de responsabilidade ó acoller ás escolas de ciclismo no Rosal.
Este sábado 26 de agosto celebramos o XXXI Trofeo Pista As Faias para as modalidades de estrada e xincana, reunindo ás categorías promesa, principiante, alevín, infantil e cadetes masculinos e femeninos, ademáis de junior femenino.
Unha proba «distinta», con mangas de clasificación, eliminación, combinadas… Un reto distinto para as escolas de estrada. Contamos con vós!!»