Tai chi chuan nunha nova cita coa Escola da Saúde (O Rosal)

📷✍️ Concello O Rosal.

María Urrutia ofrecerá este venres 24 de abril unha sesión sobre o tai chi chuan e os seus beneficios físicos e mentais no Centro Social Polivalente do Rosal. A actividade comezará ás 19:00 horas, terá entrada libre e será de balde.

Durante o encontro, a instrutora afondará sobre esta disciplina de orixe chinesa que combina movemento suave, respiración consciente e concentración mental e que está recoñecida polos seus múltiples beneficios, como a mellora do equilibrio, a redución do estrés, o aumento da flexibilidade ou o fortalecemento do benestar emocional.

Un respiro para corpo e mente na nova cita coa Escola da Saúde do Rosal, unha iniciativa pioneira organizada polo Concello que volve este mes cunha nova proposta para ofrecer coñecemento útil, próximo e aplicable á vida cotiá.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio