Saleta Rosón presenta a exposición Fragas e brétema

A fotógrafa galega Saleta Rosón presenta proximamente en Barcelona a exposición Fragas e brétema, unha colección de 25 fotografías dedicadas á paisaxe dos bosques galegos.

A exposición poderá visitarse na galería Valid Foto BCN ata o próximo 18 de abril. Nela, a artista volve dirixir a súa mirada cara o territorio e á memoria de súa infancia.

A exposición reúne unha selección de imaxes nas que Saleta Rosón se adentra no universo vexetal das fragas galegas, configurando unha paisaxe cargada de misterio e simbolismo. A través da fotografía, a artista explora a relación entre natureza, identidade e memoria.

Nos últimos anos, Saleta Rosón desenvolveu diversos proxectos centrados na relación entre paisaxe, memoria e territorio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio