
O vindeiro sábado 18 de abril, ás 18:30 horas, o campo do Lito Oliveira, en Goián, acollerá un dos encontros máis decisivos da tempada. Non será un partido calquera: será o gran partido.
S.D. As de Copas e U.D. Ribera enfrontaranse na última xornada de liga nun derbi cargado de emoción e coa loita polo ascenso á División de Honor en xogo.
Os veteranos chegan a esta cita tras unha tempada de esforzo constante, na que demostraron compromiso, competitividade e entrega en cada encontro. Agora, atópanse a tan só unha vitoria de acadar o obxectivo.
Pero non será sinxelo. En fronte estará un gran rival, S.D. As de Copas, cuarto clasificado, que non poñerá as cousas doadas e que loitará ata o último minuto.
Por iso, o encontro non se decidirá unicamente sobre o terreo de xogo. A afección terá tamén un papel fundamental nun duelo no que o apoio dende a bancada pode marcar a diferenza.
