O Rosal celebra o Día das Letras Galegas 2026

✍️📷 Concello do Rosal.

O domingo 17 de maio terá lugar na Praza do Calvario ás 19.00 horas o concerto de Deixandar e Xistra, para conmemorar unha das datas máis simbólicas da cultura galega, o Día das Letras Galegas.

O concerto, organizado polo Concello do Rosal, será ao aire libre. En caso de choiva a actividade pasará ao auditorio municipal.

Ademais, a cita contará coa participación do grupo folk Deixandar e dos Gaiteiros da Xistra, dúas formacións que farán da música unha ponte entre tradición, memoria e celebración colectiva nunha tarde pensada para todos os públicos.

Nesta edición, o Día das Letras Galegas rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, unha figura fundamental da cultura galega contemporánea, cun pensamento profundamente feminista e comprometido coa sociedade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio