Cambio de data de ‘Rula Roupa Rosal’

✍️📷 Concello do Rosal.

A terceira edición do Rula Roupa Rosal cambia a súa programación para o domingo 17 de maio na Praza do Calvario dende as 11:00 ata as 20:00 horas.

O evento contará cun mercado de roupa e complementos de segunda man durante toda a xornada. Ademais, o público poderá desfrutar coa música en directo de Kwai Chang Caine ás 13.00 h ou do espectáculo infantil co Mago Charlangas ás 18.30 h nos xardíns do Concello.

Tamén haberá un obradoiro para aprender a crear novos obxectos con roupa reciclada ás 17 h, para o que é necesario inscribirse no Concello ou enviando un correo electrónico a informacionxuvenil@orosal.gal indicando nome, idade e teléfono de contacto da persoa participante.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio