O Desfile de Entroido de O Rosal será o domingo 25 de febreiro

✍️ Concello do Rosal / 📸 Noticias O Rosal

Por mor das malas condicións meteorolóxicas causadas pola borrasca Karlotta, o Concello do Rosal adía para o día 25 de febreiro o desfile de entroido que estaba previsto para este domingo pasado. O tradicional desfile, no que participarán preto dunha vintena de comparsas, carrozas, grupos e disfraces individuais xuvenil-adulto, manterá o seu horario e percorrido. Sairá ás 11.00 horas e percorrerá a rúa Xulio Sesto, dende a Rotonda da Feira e a rúa Ramón Franco ata o cruce coa Lomba.

Queremos que todas e todos podamos desfrutar do entroido coa ledicia propia destas datas, por iso decidimos mover o desfile a unha nova data no que as condicións meteorolóxicas o permitan”, explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio