O míster rosaleiro de fútbol, Diego Álvarez, elixido recentemente «Mejor Entrenador de Madrid 2021/22», estará de xira co seu equipo Reebok SC -categoría alevín- por Galicia… e o fará durante esta Semana Santa.
Onte atendía telefonicamente a NOTICIAS O ROSAL e nos confirmaba que o xoves día 6 de abril comezarán o seu «tour» por terras galegas contra o Pontellas.
Xa o venres 7 desembarcarán en O Rosal para participar no Estadio Municipal da Mata nun Mini-Torneo que os enfrontará ao equipo anfitrión, a U.D. Ribera, así como ao AD Tomiño, Sp. Guardés e Oiense C.F. Os partidos darán inicio ás 9:30 horas da mañá e finalizarán ás 12:30 horas.
Como colofón final, os rapaces de Diego Álvarez xogarán o sábado 8 de abril en Gondomar o II Torneo Semana Santa. Segundo nos afirma Diego «teño moita ilusión e unhas ganas inmensas de estar e xogar na miña terra. Estes partidos serán para soltar pernas e adaptarnos a outro fútbol, xogar noutra Comunidade, con outra humidade diferente á de Madrid. En definitiva nos servirá para recuperar e comprobar cales son as nosas sensacións«. Agardando a túa chegada, recibe unha forte aperta dende O Rosal, crack!