✍️📸 Érguete Baixo Miño
A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso de “Plantas Medicinais” dirixido preferentemente a persoas maiores de 50 anos.
Neste curso preténdese coñecer e diferenciar os tipos de plantas con capacidades terapéuticas; entender e aplicar as técnicas para sementar, coidar, recolectar e tratar as plantas medicinais e comprender as ferramentas básicas para desenvolver a actividade e as orixes destas técnicas e procesos.
Esta formación ten unha duración de 30 horas e dará comezo o martes día 20 de xuño en horario de mañá de 10:00 a 12:30 h. no local social da Asociación.
Esta actividade enmárcase dentro do “Programa Depo en Marcha” en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Coa finalidade de dinamizar a participación nesta actividade que xera un gran interese, daráselle prioridade ás persoas socias/os da Asociación e a aquelas que nunca participaron nesta formación.
As persoas interesadas que desexen inscribirse deberán achegar o DNI contactando no teléfono 640 086 376 (WhatApp) ou de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso), 36780 de A Guarda.