O rosaleiro bar-cafetería Nenza Xida, rexentado pola nosa amiga e colaboradora Zaira Solla Rodríguez, celebrará este sábado 27 de maio de 2023 o seu primeiro aniversario.
O evento comezará a partir das 17:00 horas e contará coa música do Dj David Correa. Segundo podemos ler nas RRSS da Nenza Xida «queremos que sexa un día especial, por iso nos gustaría que veñas con algo de roupa blanca! (aínda que serás sempre moi benvido)«.
Dende Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe, os nosos sinceros parabéns e por moitos anos máis, Zaira & cía!